Entrevista con Vera Kolar e Mariló Souto, do Conservatorio Histórico de Santiago de Compostela

Conversamos con Vera Kolar e Mariló Souto, do Conservatorio Histórico de Santiago de Compostela 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

  • No Conservatorio buscan transmitir a toda comunidade educativa os valores cooperativos como a axuda mutua, a colaboración, o traballo en equipo, a solidariedade e a igualdade.
  • Dende o entidade recomendan a creación de cooperativas como unha forma de emprego de calidade, especialmente a xente máis nova como vía de inserción laboral.

Preséntennos ao Conservatorio Histórico de Santiago, que servizos ofrece?

O Conservatorio Histórico sociedade cooperativa galega nace en xullo de 2005. Temos conservatorio oficial onde os alumnos acceden a el mediante as probas de acceso. Os estudos condúcenlles a obter o título de grao profesional nas distintas especialidades. O Conservatorio oficial ten dúas partes: A primeira parte catro anos, que é de elemental, e logo pasan a educación profesional. Todos estes dez anos, en total, é o grao profesional, o que dixen anteriormente de obter o título. Despois temos o conservatorio infantil, que aquí veñen os nenos a partir de tres anos ata os sete anos. Están nas clases aprendendo os diferentes instrumentos, incorpóranse a iniciación da música para coñecer o que son as melodías e as notas, timbres diferentes, os ritmos e a partir dos 7 anos, se alguén quere continuar, pois, pasa para o conservatorio oficial. Logo temos, tamén, a escola de música, aquí non temos límite de idade, aquí pode apuntarse a xente que realmente ten interese en aprender música, incluso a xente que estudou música anteriormente, pero por algún motivo deixárona moitos anos apartada e queren retomar tanto o instrumento, como outros coñecementos doutro tipo, por exemplo, cal é a linguaxe musical ou análise, harmonía e estas cousas que teñen que ver coa música, entón, poden matricularse aquí. Esta escola de música non ten a titulación, pero sempre cando ao longo destes estudos aquí queren pasar para o conservatorio oficial, entón, loxicamente, teñen que facer outra vez a proba de acceso. Logo, tamén moi importante, temos as clases para os bebés que veñen aquí acompañados dos familiares, tanto mamás como mesmo os avós, son os bebés de cero meses ata tres anos. Traballan aprendendo como a lingua materna, o mesmo a lingua de música cos pais ou cos avós. É importante, tamén, que esta música facémola en vivo, temos un profesor de piano que está alí facendo as súas versións e unha profesora que coordina esta clase.

Cando e por que se transforma o conservatorio nunha sociedade cooperativa?

Como dixen na presentación do Conservatorio, créase exactamente o día 1 de xullo de 2005. Entón, pasou que a sociedade que se encargaba da súa xestión anteriormente decide que non quere seguir. Entón, neste ano (2005) un grupo de profesores, entre os que me atopaba eu tamén, decidimos constituír a cooperativa para non perder o noso traballo e continuar co labor do centro, é por iso polo que creamos unha cooperativa de traballo asociado con total descoñecemento do que nos vai a esperar. Entón non sabiamos xestionar absolutamente nada, porque eramos profesores de música e isto, era para nós realmente un cambio moi brusco, pero, cando se quere, conséguese todo. O primeiro ano tiñamos aquí unha persoa da Xunta, un xestor, que nos axudou a incorporarnos e a xestionar iso, pero que o proceso era complicado, duro e longo, é verdade tamén.

Como foi a adaptación da equipa a esta nova forma de funcionar?

Anteriormente eramos todos docentes e ningún coñecía todos os aspectos relativos a esta fórmula empresarial, polo que os inicios foron duros. Tivemos que poñernos ao día en moitas cousas que para nós eran novas, realizar actas, reunirnos para adoptar decisións, isto era tamén complicado porque cada un coa súa opinión, non sabe se para chegar a acordos para facer esta cousa ou a outra, era complicado, non eramos tantos, eramos sete socios, pero, aínda así, era difícil. Despois o que eran os termos como é o consello reitor, os cargos que ten o consello reitor, e as funcións como presidente, vicepresidente, secretaria, interventor, isto eran as palabras que non sabiamos nin sequera que existen, o que significan e que responsabilidade ten cada un dos cargos. Entón claro, era complicado, pero como todo nesta vida, supuxo un proceso de adaptación, xa que tiñamos que aprender a traballar en equipo para que o Conservatorio funcionase, á parte, de impartir as nosas clases polas tardes loxicamente, pero si, unha experiencia. Agora ben, despois de 17 anos moi boa.

Está moi estendida esta fórmula no seu sector?

Realmente non, ou sexa, pese ao protagonismo que teñen hoxe en día as entidades de economía social, entre as que nos atopamos as cooperativas, non son moitos os centros educativos que se transformaron en cooperativa ou que se constituíron en cooperativa. A nivel estatal creo que hai un número de 600 e pico centros e están todos aglutinados principalmente, pois, en Andalucía, o País Vasco, Cataluña e Madrid, en Galicia, creo, que somos uns 30 centros educativos. Hai algunha escola de música, escolas infantís, centros educativos de primaria e sinceramente conservatorio, que sexa oficial de música, non me consta que haxa ningún, ou sexa, que podemos dicir que neste sentido o Conservatorio Histórico foi pioneiro xa no seu momento, no ano 2005, cando se crea e na actualidade creo que o seguimos sendo, eu polo menos non teño constancia de que exista ningún conservatorio que sexa cooperativa, aquí en Galicia. Entón podemos concluír que o que é o cooperativismo no sector educativo en España é relativamente novo.

Recomendarían a outros conservatorios constituírse ou reconverterse como cooperativa?

Non cabe dúbida de que si, ou sexa, o exemplo somos nós. Realmente estamos contentas de xestionar un centro como o Conservatorio Histórico. Tanto aquelas empresas que agora, se cadra, atópanse en crises, gustaríanos que o visen tamén como unha opción para seguir adiante. De feito, a Administración autonómica galega agora mesmo está cunha serie de axudas para precisamente que as empresas que están en crises póidanse converter en cooperativas. Tamén animar un pouco aos mozos que o vexan como unha saída profesional para atopar un emprego, digamos de calidade. Isto sería unha das principais razóns, ou sexa, o que é o emprego das cooperativas crea emprego de calidade, de feito, un 80% dos contratos que asinan as entidades de economía social, entre as que están as cooperativas, son contratos indefinidos. Tamén se proporciona a través da fórmula cooperativa, unha maior flexibilidade e conciliación laboral. O que creo que é fundamental tamén, de Cooperativas educativas como a nosa, é o ensino de calidade que se proporciona porque os valores cooperativos son o fundamento de entidades como a nosa, son os que tentamos transmitir tanto aos pais, nais, alumnos, docentes, é dicir, a toda a comunidade educativa.

O Conservatorio Histórico recibiu o Premio aos Valores Cooperativos no 2008. Como se palpan os valores cooperativos no día a día do conservatorio?

Xa o dixen tamén un pouco antes o que é a axuda mutua, a colaboración, o traballo en equipo, a solidariedade, a igualdade, todos estes valores que son o sustento de calquera entidade cooperativa é o que os profesores desde as aulas tratan de inculcar aos seus alumnos, desde os máis pequenos aos maiores transmitindo a través do ensino musical. Tamén, pois iso, entre as familias o que tratamos sempre é de estar abertas a suxestións, a propostas que nos fan porque todo é enriquecedor e axúdanos un pouco a crecer.

 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar