O Consello para o Fomento da Economía Social reúnese en Compostela
O Consello para o Fomento da Economía Social reúnese en Compostela

O Consello para o Fomento da Economía Social reúnese en Compostela

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

  • O secretario de Estado destaca o bo momento que atravesa a Economía Social tras a aprobación en decembro pasado na Unión Europea do primeiro Plan de Acción de Economía Social
  • Pérez Rey reivindicou a "axenda fulgurante" de Santiago como capital española da economía social este ano
  • Donostia exercerá a capitalidade española da Economía Social en 2023 tomando a substitución a Santiago de Compostela

O secretario de Estado de Emprego, Joaquín Pérez Rey, presidiu esta mañá o encontro do Consello de Fomento da Economía Social, celebrado no Hostal dos Reis Católicos. O secretario de Estado acudiu a Santiago acompañado pola directora xeral do Traballo Autónomo, a Economía Social e a Responsabilidade Social das Empresas, Maravillas Espín.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, abriu o Consello facendo fincapé no papel que xoga a economía social no futuro: "O gran reto é que as novas xeracións teñan un futuro no noso país sen necesidade de emigrar, e neste sentido, a economía social ofrece oportunidades extraordinarias, xustas, sólidas, solidarias e con futuro". O alcalde insistiu en que o reto actual das administración é garantir un "futuro de oportunidades" ás novas xeracións e, ese futuro, pasa pola economía social.

O Consello para o Fomento da Economía Social é un órgano consultivo que ten como obxectivo asesorar ao Goberno neste ámbito e establecer unha dinámica de diálogo e colaboración entre as diferentes administracións vinculadas á Economía Social. Está integrado polos principais responsables da Economía Social das comunidades autónomas e representantes das entidades do sector. O Ministerio de Traballo reactivouno o pasado mes de febreiro, tras once anos inactivo.

Durante o encontro informouse o consello de os proxectos lexislativos "en curso" e que "se van a impulsar de maneira rapidísima". Entre eles a futura Lei Integral da Economía Social, unha normativa que se atopa en fase de consulta pública e que engloba a modernización e actualización da Lei 27/1999 de Cooperativas, a Lei 44/2007 para a Regulación do Réxime das Empresas de Inserción, así como a pioneira Lei 5/2011 de Economía Social.

O obxectivo, sinalou Pérez Rey, é dar pulo a todo o ecosistema de entidades que conforman a extensa rede da economía social dificultando o intrusismo, adaptando a lexislación ao dinamismo das entidades da Economía Social que van xurdindo e outorgando máis seguridade xurídica a estas empresas que integran a economía social. En total suman máis de 43.000 empresas e engloban uns dous millóns de empregos directos e indirectos.

O secretario de Estado insistiu na relevancia que o seu departamento concede a este modelo produtivo e como proba diso sinalou os máis de 800 millóns de euros que se van a destinar ao Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) da Economía Social e dos Coidados, único en Europa. 

O ministerio, segundo destacou o titular de Emprego, fai un "esforzo inxente" ao multiplicar por 10, segundo os seus datos, o orzamento para economía social: de 8 a 80 millóns de euros. "Xera moito emprego e adoita ser emprego de calidade, dotado de estabilidade", subliñou. “O apoio institucional, as reformas normativas e o apoio financeiro aos proxectos buscan a modernización e impulso do sector e a súa adaptación á realidade socio económica”, insistiu Pérez Rey.

Aval das institucións internacionais

O secretario de Estado destacou o bo momento que atravesa a Economía Social tras a aprobación en decembro pasado na Unión Europea do primeiro Plan de Acción de Economía Social.

En xuño pasado, o Consello da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE) aprobou unha Recomendación sobre Economía Social e Solidaria e Innovación Social, mentres que a Organización Internacional do Traballo (OIT) aprobou a pioneira resolución sobre traballo decente e a economía social e solidaria.

En opinión de Pérez Rey, as políticas públicas deben procurar o benestar das persoas e a súa contorna, principio polo que se rexe a Economía Social. “Necesitamos máis e mellor Economía Social para seguir perseguindo unha sociedade e unha economía máis xustas e solidarias”, concluíu o secretario de Estado.

Donostia exercerá a capitalidade española da Economía Social en 2023

Na reunión, interveu por videoconferencia a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, e anunciou que a cidade vasca de Donostia exercerá a capitalidade española da Economía Social en 2023, tomando a substitución de Santiago de Compostela.

“A candidatura de Donostia presentou un proxecto completo e ben argumentado, cun amplo apoio institucional e do sector”, explicou a ministra.

“O amplo e frutífero desenvolvemento da Economía Social en Euskadi e os esforzos para que siga expandíndose este modelo económico que se distingue por ser máis sostible, xusto e igualitario, converten a Donostia en digna anfitrioa da capitalidade española da Economía Social”, sinalou Pérez Rey durante a sesión.

Con esta concesión a Donostia recoñécese ademais a unha rexión que foi tenaz no fomento da Economía Social e que conta con empresas que son referente a nivel internacional. 

O Consello para o Fomento da Economía Social reúnese en Compostela
O Consello para o Fomento da Economía Social reúnese en Compostela
O Consello para o Fomento da Economía Social reúnese en Compostela
O Consello para o Fomento da Economía Social reúnese en Compostela
O secretario de Estado de Emprego, Joaquín Pérez Rey
O secretario de Estado de Emprego, Joaquín Pérez Rey
O Consello para o Fomento da Economía Social reúnese en Compostela
O Consello para o Fomento da Economía Social reúnese en Compostela
O Consello para o Fomento da Economía Social reúnese en Compostela
O Consello para o Fomento da Economía Social reúnese en Compostela
Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar