¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

 

Asociacións

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

 

Estamos a falar de agrupacións de persoas constituídas para levar a cabo actividades colectivas de forma estable, organizadas de xeito democrático, sen ánimo de lucro.

A súa principal característica é prestar servizos onde falla o sector lucrativo especialmente no que fai referencia a colectivos vulnerables. Outra das súas marcas de identidade é a capacidade de innovación para dar solución aos problemas que xorden na sociedade, e a defensa de cambios sociais, administrativos, legais ou doutro tipo sempre atendendo á defensa dos dereitos e liberdades das persoas.

O dereito de asociación foi proclamado como dereito fundamental polo artigo 22 da Constitución Española de 1978 e desenvólvese na Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación, onde se establece que o dereito de asociación inclúe o dereito á inscrición no Rexistro de Asociacións competente, aos efectos de publicidade, que só poderá ser denegado cando non se reúnan os requisitos establecidos na referida lei orgánica. O Estado ten competencia exclusiva para desenvolver o Dereito de Asociación que realiza mediante a Lei Orgánica ao tratarse dun dereito fundamental; non habendo normativa autonómica galega.

As características fundamentais das asociacións son:

 

•  Grupo de persoas.

•  Obxectivos e actividades comúns.

•  Funcionamento democrático.

•  Sen ánimo de lucro.

•  Independentes.

 

 

Para saber máis

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar