Son corporacións de dereito público, sen ánimo de lucro, representativas dos intereses económicos das súas persoas socias, cuxa xestión se desenvolve co fin de satisfacer as necesidades e intereses das mesmas, co compromiso de contribuír ao desenvolvemento local, á cohesión social e á sostibilidade.
Recoñécense como entidades de economía social na Lei 5/2011 de Economía Social de España e na Lei 6/2016 de Economía Social de Galicia, ao cumprir os requisitos de realización de actividades económicas, primacía das persoas e do fin social sobre o capital, promoción da solidariedade interna e coa sociedade, aplicación dos resultados en función do traballo ou servizo aportado e independencia respecto aos poderes público.
As confrarías desempeñan un papel importante no sector pesqueiro e dentro das súas comunidades solucionando problemáticas que redundan na mellora das condicións dos pescadores e pescadoras e das súas comunidades. Neste sentido, as confrarías asumen os principios de xestión e a filosofía propias da economía social.