¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

 

A contribución da Economía Social á Axenda 2030

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

 

“Os ODS son unha prioridade porque compartimos o obxectivo de garantir un futuro mellor para as xeracións vindeiras, baseado nun crecemento sostible e asegurando unha repartición equitativa da riqueza e mellores oportunidades de vida a todas as persoas”. Con estas palabras, explicaba o presidente de CEPES, Juan Antonio Pedreño, o compromiso da Economía Social coa Axenda 2030.

As empresas de economía social son garantía dun crecemento sostible e inclusivo, de xeración e mantemento de emprego de calidade e estable e de impulso dun emprendemento comprometido co territorio, que loita contra o despoboamento e a favor do respecto ao medio ambiente. Entidades que, en momentos de inestabilidade, continúan a demostrar que son referentes da recuperación económica. Se miramos á crise do 2008, vemos como a destrución do emprego nas cooperativas entre o cuarto trimestre de 2007 e o cuarto trimestre de 2013 foi seis puntos inferior en termos de afiliación á Seguridade Social ao do resto de empresas. Nese tempo tamén se observou como as empresas de inserción aumentafon o seu número de traballadores.

Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) forman parte do ADN da Economía Social. A creación de traballo decente e crecemento económico (ODS 8), a igualdade de xénero (ODS 5), a educación de calidade (ODS 4), a redución das desigualdades (ODS 10), a produción e consumo responsables (ODS 12), a aposta por cidades e comunidades sostibles (ODS 11) e a loita contra o cambio climático (ODS 13) son propósitos que están presentes no día a día destas empresas.

Segundo datos do informe 'Economía Social: palanca de crecimiento inclusivo para una recuperación social y económica acorde con la Agenda 2030' de CEPES, o 92% das entidades consultadas para este estudo contribúe a xerar emprego estable e de calidade; o 94% á igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e á conciliación da vida persoal, familiar e laboral; o 92% á xeración do desenvolvemento local e o 85% á inserción de persoas en risco de exclusión social. Nesta liña, o 11º eixo da Estratexia Española da Economía Social 2017-2020 ocupábase da participación da ES no deseño e implantación da Axenda dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

 

 

Para saber máis

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar