¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

 

Cooperativas

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

 

“Asociación autónoma de persoas que se unen de forma voluntaria  para satisfacer as súas necesidades e aspiracións económicas, sociais e culturais en común mediante unha empresa de propiedade conxunta e de xestión democrática” - Alianza Cooperativa Internacional, ACI:

As cooperativas galegas réxense pola Lei 5/1998, do 18 de decembro, de Cooperativas de Galicia que as define como “unha sociedade de capital variable que, con estrutura e xestión democrática, en réxime de libre adhesión e baixa voluntaria, desenvolve unha empresa de propiedade conxunta, a través do exercicio de actividades socioeconómicas, para prestar servizos e satisfacer necesidades e aspiracións dos seus socios, e en interese pola comunidade, mediante a participación activa dos mesmos, distribuíndo os resultados en función da actividade cooperativizada”.

A súa actividade segue os principios cooperativos, aceptados e regulados autonómica, estatal e internacionalmente:

 

•  Adhesión voluntaria e aberta.

•  Xestión democrática por parte das persoas socias.

•  Participación económica das persoas socias.

•  Autonomía e independencia.

•  Educación, formación e información.

•  Cooperación entre cooperativas.

•  Preocupación pola comunidade.

Para constituírse e funcionar, as sociedades cooperativas de primeiro grao deberán estar integradas, polo menos, por dúas persoas socias. Ademais, o capital social mínimo non será inferior aos tres mil euros.

As cooperativas clasifícanse en:

 

•  Cooperativas de segundo grao

•  Cooperativas de traballo asociado

•  Cooperativas mixtas de traballo asociado

•  Cooperativas agrarias

•  Cooperativas de consumidores e usuarios

•  Cooperativas de servizos

•  Cooperativas de transportistas

•  Cooperativas do mar

•  Cooperativas de explotación dos recursos acuícolas

•  Cooperativas de vivendas

•  Cooperativas de ensino

•  Cooperativas de integración social

•  Cooperativas de servizos sociais

•  Cooperativas sanitarias

•  Cooperativas de crédito

•  Cooperativas de seguros

•  Cooperativas sen ánimo de lucro

•  Cooperativas xuvenís

 

 

Para saber máis

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar