¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

 

Empresas de inserción

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

 

As empresas de inserción supoñen unha importante aportación para a cohesión social ao facilitar a integración de persoas en exclusión no mercado laboral A través delas, as persoas en situación ou risco de exclusión sociolaboral poden realizar unha aprendizaxe grazas ao traballo nun posto por conta allea remunerado.

As empresas de inserción defínense como “estruturas de aprendizaxe, en forma mercantil, cuxa finalidade é a de posibilitar o acceso ao emprego de colectivos en risco de exclusión, realizando unha actividade produtiva, para o cal, se deseña un proceso de inserción, establecéndose durante o mesmo unha relación laboral convencional”.

A estadía nestas empresas é temporal, xa que a finalidade principal é que as persoas en risco de exclusión adquiran as habilidades necesarias –sociais e laborais- para incorporarse ao mercado laboral.

Segundo a Lei 44/2007, as empresas de inserción deben cumprir os seguintes requisitos:

 

• Estar promovidas e participadas por entidades sen ánimo de lucro. Esta participación será, como mínimo, o 51% en sociedades mercantís.

• Manter, en cómputo anual, polo menos un 30% de traballadores en proceso de inserción durante os primeiros tres anos de actividade e de polo menos o 50% a partir do cuarto.

• Non realizar actividades económicas diferentes ás do seu obxecto social.

• Destinar polo menos un 80% dos resultados ou excedentes do exercicio á mellora das estruturas produtivas e de inserción.

• Presentar anualmente un Balance Social da actividade empresarial.

• Dispoñer dos medios necesarios para cumprir cos compromisos derivados dos itinerarios de inserción sociolaboral.

 

 

Para saber máis

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar