¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Presentación pública do informe 'A Economía Social en España en cifras', e de lanzamento do novo Portal estatístico da Economía Social en España CIRIECSTAT

Presentación pública do informe ‘A Economía Social en España en cifras’, e de lanzamento do novo Portal estatístico da Economía Social en España CIRIECSTAT

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

DATA DE REALIZACIÓN: 20 de outubro de 2022. Adxuntamos programa

LUGAR DE REALIZACIÓN: Sede Fundación Laboral de la Construcción de Galicia. C/ Pontepedriña de Arriba, 13. - Santiago de Compostela

ORGANIZADO POR:  Cecoop, Universidad de Santiago de Compostela y Ciriec-España

 

CIRIEC-España celebrará un gran acto de presentación pública do informe ‘A Economía Social en España en cifras’, e de lanzamento do novo Portal estatístico da Economía Social en España CIRIECSTAT. O evento de presentación está a ser organizado co Centro de Estudos Cooperativos (CECOOP) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que un día despois, o 21 de outubro, celebrará o acto conmemorativo do seu 20 aniversario.

O informe sobre ‘A Economía Social en España en cifras’ será presentado polos seus directores, os profesores Rafael Chaves e José Luis Monzón. O estudo constitúe un traballo dirixido a presentar o perfil estatístico da totalidade do conxunto da Economía Social, tal e como esta é definida na Lei 5/2011 de Economía Social. O Informe ofrece os datos dispoñibles máis actualizados sobre a economía social en España e as súas comunidades autónomas, e por cada unha das súas familias.

Pola súa banda, a presentación do Portal Estatístico CIRIECSTAT correrá a cargo de José Luis Monzón e Ángel Soler, presidente e director, respectivamente, do CIRIECSTAT. Segundo explican, o lanzamento do CIRIECSTAT responde a unha das demandas do Plan de Acción Europeo da Economía Social, que establece como un dos seus obxectivos crave aumentar a visibilidade da mesma mediante a recompilación de datos e estatísticas adecuados, obxectivo que o Plan de Acción considera “fundamental para o recoñecemento e desenvolvemento da Economía Social”.

CIRIECSTAT nace, en palabras do profesor Monzón “co gran obxectivo de implantar un sistema de recompilación e produción de estatísticas da Economía Social, nun repositorio e máis adiante nunha base de datos que agrupe, depure e publique nun portal único, de forma permanente e continuada, e con criterios metodolóxicos da contabilidade nacional, homoxéneos e comparables, as diferentes estatísticas da Economía Social en España.”

Programa dos actos

20 outubro

12h. Presentación do Informe ‘A Economía Social en España en cifras’ e do Portal estatístico da Economía Social en España, CIRIECSTAT
Lugar: Sede Fundación Laboral da Construción en Galicia. Rúa Pontepedriña de Arriba, Nº 13 15705 Santiago de Compostela

Inauguran:

• Antonio López, Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
• Juan Manuel Sánchez Terán Lledo, Subdirección Xeral da Economía Social e da Responsabilidade Social das Empresas, Ministerio de Traballo e Economía Social
• Covadonga Toca, Secretaria Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social
• Xosé A. Sánchez Bugallo, Alcalde de Santiago de Compostela
• Xoán Doldán, Decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
• Celso Gándara, Presidente de Foroesgal. En representación de CEPES
• Maite Cancelo, Directora do CECOOP
• Adoración Mozas, Presidenta de CIRIEC-España

Presentación do Informe ‘A Economía Social en España en cifras’:
Rafael Chaves Ávila e José Luis Monzón Campos, CIRIEC-España, Directores do Informe

Presentación do Portal Estatístico da Economía Social en España – CIRIECSTAT
José Luis Monzón, Presidente do CIRIECSTAT
Ángel Soler, Director do CIRIECSTAT

Comida-cocktail na propia sede

21 outubro

11h. 20 aniversario do CECOOP
Lugar: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Universidade de Santiago de Compostela

Participantes:
• Antonio López, Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
• María Jesús Lorenzana Somoza, Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade
• Celso Gándara, Presidente de Foroesgal
• Xoán Doldán, Decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
• Maite Cancelo, Directora do CECOOP
• José Luis Monzón, Director de CIRIEC-España
• Adoración Mozas, Presidenta de CIRIEC-España
• Manuel Botana, Presidente do Comité Científico do CECOOP

Máis información e inscricións:
CIRIEC-España, Tel: 96 382 84 89, E-mail: ciriec@uv.es
CECOOP-USC, E-mail: cecoop@usc.es

    COMPARTIR