Son sociedades de persoas, sen ánimo de lucro, de estrutura e xestión democrática, que exercen unha actividade aseguradora de carácter voluntario, complementaria do sistema de previsión da Seguridade Social.
Existen diferentes tipos de entidades privadas que poden desenvolver a actividade aseguradora. Entre elas figuran as mutuas de seguros e as mutualidades de previsión social. Tanto as mutuas como as mutualidades de previsión social son entidades baixo os principios da solidariedade e axuda mutua ás que as persoas se suman voluntariamente co obxectivo de ter acceso a determinados servizos. Os e as mutualistas contribúen ao financiamento da entidade a través dunha cota social e a institución ofrece os seus servizo ás persoas socias que os necesiten.
Entre as súas características destacan:
• Participación democrática das persoas mutualistas nos órganos de goberno.
• Igualdade de dereitos e obrigas sen prexuízo da cota a pagar.
• Asignación do excedente económico ao patrimonio propio da mutua que garanta o poder facer fronte aos seus compromisos e ao reparto dos beneficios obtidos entre todos os mutualistas.
Algúns exemplos de servizos ofrecidos polas mutualidades son os seguros coas mutuas de seguros, a previsión de enfermidades e plans de xubilación a través das mutualidades de previsión social, ou as mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais.