¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

 

Mutualidades

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

 

Son sociedades de persoas, sen ánimo de lucro, de estrutura e xestión democrática, que exercen unha actividade aseguradora de carácter voluntario, complementaria do sistema de previsión da Seguridade Social.

Existen diferentes tipos de entidades privadas que poden desenvolver a actividade aseguradora. Entre elas figuran as mutuas de seguros e as mutualidades de previsión social. Tanto as mutuas como as mutualidades de previsión social son entidades baixo os principios da solidariedade e axuda mutua ás que as persoas se suman voluntariamente co obxectivo de ter acceso a determinados servizos. Os e as mutualistas contribúen ao financiamento da entidade a través dunha cota social e a institución ofrece os seus servizo ás persoas socias que os necesiten.

Entre as súas características destacan:

 

•  Participación democrática das persoas mutualistas nos órganos de goberno.

•  Igualdade de dereitos e obrigas sen prexuízo da cota a pagar.

•  Asignación do excedente económico ao patrimonio propio da mutua que garanta o poder facer fronte aos seus compromisos e ao reparto dos beneficios obtidos entre todos os mutualistas.

 

Algúns exemplos de servizos ofrecidos polas mutualidades son os seguros coas mutuas de seguros, a previsión de enfermidades e plans de xubilación a través das mutualidades de previsión social, ou as mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

 

 

Para saber máis

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar