¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

 

Sociedades Agrarias de transformación (SAT)

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

 

A orixe deste tipo de sociedades remóntase aos antigos Grupos Sindicais de Colonización de 1941. As SAT son sociedades civís de finalidade económico-social en orde á produción, transformación e comercialización de produtos agrícolas, gandeiros, forestais, a realización de melloras no medio rural, promoción e desenvolvemento agrario e a prestación de servizos comúns que sirvan a aquela finalidade.

Por tanto, posúen personalidade xurídica propia e a súa habilitación precisa da súa constitución, en primeiro lugar, e, en segundo, da súa inscrición no rexistro correspondente. Ademais, as SAT poden asociarse ou integrarse entre si para desenvolver as mesmas actividades creando unha agrupación de SAT.

Supoñen unha forma de agrupación peculiar do ordenamento xurídico español con poucas referencias similares noutros países. A creación deste tipo de sociedades responde á necesidade de contar con ferramentas que permitan un mellor desenvolvemento do sector primario en todo aquilo relacionado coa agricultura, gandeira e explotación forestal, ante os retos que supón a globalización económica.

 

 

Para saber máis

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar