¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

 

Sociedades Laborais

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

 

A Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (AESGAL) define as sociedades laborais como “aquela sociedade mercantil na que a maioría do capital social é propiedade dos traballadores que prestan nela servizos de forma retribuída, persoal e directa e cunha relación laboral por tempo indefinido”. Estas sociedades están rexidas pola Lei 44/2015 de 14 de outubro de sociedades laborais e participadas, a Lei de Sociedades de Capital e demais leis e regulamentos de aplicación.

As Sociedades Laborais son unha fórmula de auto emprego xurdida para dar saída a empresas que estaban en situación de crise. Esta fórmula demostrou ter un alto potencial de xeración de empresas. O feito de que as persoas traballadoras sexan socias favorece a motivación á hora de afrontar proxectos. O número mínimo de persoas socias é de tres pero pódese constituír con dúas persoas, máis antes de 36 meses hai que pasar a ter tres persoas socias.

As sociedades laborais deben cumprir as seguintes condicións:

 

•  A maioría do seu capital social debe ser propiedade das persoas traballadoras indefinidas.

•  Ningunha das persoas socias debe ser titular de máis dun terzo do capital social (coas excepcións previstas na lei).

•  O número de horas-ano realizadas polas persoas traballadoras indefinidas non socias non debe ser superior ao 49% das horas-ano traballadas polo conxunto das persoas socias traballadoras.

 

A sociedade laboral pode ser anónima ou de responsabilidade limitada, e con carácter xeral, a responsabilidade das persoas socias limítase ás aportacións realizadas polas mesmas.

Para a constitución dunha Sociedade Anónima Laboral o capital mínimo é de 60.000 euros, cunha subscrición (e desembolso) de, polo menos, o 25% de cada acción. Nas limitadas, o capital mínimo é de 3.000 pero debe estar totalmente subscrito e desembolsado.

 

 

Para saber máis

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar